25 de out. de 2014

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA

Esta semana tivemos as nosa primeiras reunións do clube de lectura! A verdade é que este ano temos un montón de Comelibros! Polo que tivemos que facer 3 grupos. BENVIDOS A TODOS E TODAS! Esperamos que gocedes da lectura ao igual ca nós e o noso pequeno COMELIBROS!

Esta semana, explicámoslle en que consiste pertencer a tal clube e entregámoslle todo o material que precisan. Sen esquecernos de lembrarlles as normas para permanecer neste CLUBE DE LECTURA!
Xa recibiron os seus primeiros libros que serán comentados nas seguintes reunións.

GRUPO A: "A carreira máis desatinada do mundo"
GRUPO B: "La niña de plata"
GRUPO C: "Unha xanela para Cecilia"

Velaquí algunhas fotos desta primeira reunión!


 E aquí vos deixamos as datas das vosas reunións para este trimestre:

GRUPO A




GRUPO B



GRUPO C


Ningún comentario:

Publicar un comentario