18 de dec. de 2015

BO NADAL E BOAS LECTURAS


DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS UN BO NADAL E QUE TEÑADES MOITOS LIBROS DE REGALO!!

SE QUEREDES ALGUNHA SUXERENCIA TANTO PARA VÓS COMO PARA OS VOSOS PAIS, NAIS, AVÓS, IRMÁNS... PODEDES BOTARLLE UNHA OLLADA ÁS NOSAS RECOMENDACIÓNS!!PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE.


2 de dec. de 2015

XOGO DE INVESTIGACIÓN PARA OS DE SEXTO!

AO IGUAL QUE COS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEGUNDO, POPI EXPLORADORA MANDOU UNHA INVITACIÓN ÁS AULAS DE 6º CURSO PARA QUE COMEZASEN A RESOLVER O MISTERIO.


E OS ENIGMAS A RESOLVER ERAN OS SEGUINTES:


1.  QUE EQUIPO GAÑOU A LIGA NA TEMPORADA 1999-2000?

2.  CANTOS PUNTOS OBTIVO O EQUIPO GAÑADOR?


3. CANTOS PUNTOS OBTIVO O BARÇA ESA TEMPORADA?

E AS PISTAS PARA ESTE XOGO ESTÁN COLGADAS NO RECUNCHO DA BIBLIOTECA AO LADO MESMO DA PORTA DA BIBLIO





E UNHA VEZ OBTIDA A INFORMACIÓN SÓ QUEDA ENCHER O SEGUINTE CUESTIONARIO COS DATOS CORRESPONDENTES!!

NOME: ……………………………………………………………………………….
CURSO: ………………...

CONTESTA ÁS PREGUNTAS
QUE EQUIPO GAÑOU A LIGA NA TEMPORADA 1999-2000?
…………………………………………………………………………………………………………
QUE PUNTUACIÓN OBTIVO?….………………………………………………………..
QUE PUNTUACIÓN OBTIVO O BARÇA NESA TEMPORADA?….………………
………………………………………………………………………………………………………...
DI ONDE ATOPACHES A INFORMACIÓN
TÍTULO DO LIBRO:…………………………………………………………………………….
COLOR DA ETIQUETA:…………………..
N.º :…………………. MATERIA:………………………………………………………………..
OUTRAS MATERIAS DESTE NÚMERO:…………………………………………………………..…………………………………………………………………………………………………………
FAI AQUÍ A OPERACIÓN DA PISTA 2




PARA COMPARTIR A INFORMACIÓN
ELABORA UN CÓMIC QUE REFLEXE A EMOCIÓN DO ÚLTIMO PARTIDO DE LIGA E ENTRÉGALLO Á TÚA TITORA  NESTA SEMANA.
SORTE A TODOS E TODAS!

OS ZAMPALIBROS DE NOVEMBRO

Xa sabedes que este ano, ademais dos máis emprestados, tamén publicamos no blog quenes foron os grandes devoradores de libros do mes. Así que aquí vos amosamos os máis zampalibros!!!Tanto Popi coma nós estamos moi contentos de que vos gusten tanto os libros! 

OS QUE MÁIS LIBROS LEVARON DA BIBLIOTECA

NOVEMBRO

CASANDRA ALBÁN ÁLVAREZ                 1ºA          14 LIBROS

MARTÍN VEIGA CARRERA                     2º A         11 LIBROS

SEBASTIÁN MONTOYA MONTOYA       3º A         7 LIBROS

ERICA DA SILVA FERREIRA                  4º C         4 LIBROS

JESSICA M.ª SOBRINO PARENTE         5º C         2 LIBROS

1 de dec. de 2015

OS LIBROS MÁIS EMPRESTADOS DO MES DE NOVEMBRO

VELAQUÍ UNHA RELACIÓN DOS LIBROS QUE MÁIS SE LERON NESTE MES DE NOVEMBRO. A  VERDADE É QUE SON TÍTULOS BEN INTERESANTES

Os máis emprestados
Novembro
1.       Mi libro gigante de animales
2.      Mulán
3.      A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
4.      Dinosaurio
5.      Os bolechas queren saber... como aforrar auga
6.      Merlín el encantador
7.      Pinocho
8.      Pocahontas
9.      Blancanieves y los siete enanitos
10.        La bella durmiente
11.    El libro de la selva
12.   Dumbo
13.     O boneco
14.       Os Bolechas aumentan a familia
15.       A que sabe a lúa?
16.     A vaca que puxo un ovo
17.        El jorobado de Notre Dame
18.        O soño do galo
19.        A moeda de ouro
20.     My ice palace party
21.   A miña amiga a escuridade
22.        Fairy Show
23.     Os Bolechas queren saber… como é a policía local

20 de nov. de 2015

XOGO DE INVESTIGACIÓN PARA SEGUNDO

E COMEZAMOS CÓ XOGO DE INVESTIGACIÓN QUE NOS PROPÓN A NOSA POPI EXPLORADORA. COMEZAMOS COS ALUMNOS E ALUMNAS DO SEGUNDO CURSO. 
CHEGOULLES ÁS AULAS UNHA INVITACIÓN PARA PARTICIPAR NESTE MISTERIOSO XOGO.

O MISTERIO A RESOLVER É:
POR QUE CAEN OS DENTES DE LEITE?

TEDES A BIBLIOTECA Á VOSA DISPOSICIÓN, ASÍ COMO UNHA SERIE DE PISTAS PARA INVESTIGAR!

19 de nov. de 2015

MENSAXE DE POPI EXPLORADORA


ESCOITADE A MENSAXE QUE A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA TEN PARA NÓS. ESTA VEZ PROPONNOS UN NOVO XOGO DE INVESTIGACIÓN!
ANIMÁDESVOS A PARTICIPAR?




18 de nov. de 2015

O NOVO XOGO DA BIBLIOTECA

POPI EXPLORADORA

Este curso atopámonos cun novo Xogo Da Biblioteca e coma calquera xogo ten as súas normas!Velaquí tendes a deste en particular, ledeas con moita atención!!

NORMAS DO XOGO

1.          O xogo consiste en explorar na biblioteca e contarlles aos demais o que atopamos e como o atopamos.
2.         Cada participante debe buscar a información. Pódese pedir axuda aos axudantes, pero non se pode copiar.
3.          Primeiro búscase a resposta a unha ou varias preguntas seguindo as pistas que dá Popi Exploradora.
4.          A información escríbese nos impresos que hai na biblioteca e introdúcense na caixa da Popi Exploradora.
5.          Escríbense diferentes textos para compartir a información cos compañeiros e compañeiras do colexio.

6.          Algúns dos textos lense na radio.

11 de nov. de 2015

NOVIDADES NOVEMBRO

Chegaron Os Bolechas! Aquí tedes toda a colección, onde podedes buscar calquera información que vos interese.

6 de nov. de 2015

OS COMELIBROS



E COMEZAN OS COMELIBROS, O NOSO CLUBE DE LECTURA, TAN ESPECIAL PARA ESTA BIBLIOTECA. ESTE CURSO CONTAMOS CON DOUS GRUPOS.
NA PRIMEIRA REUNIÓN OS NOSOS GRANDES LECTORES RECIBIRON AS INSTRUCIÓNS NECESARIAS PARA PERTENCER AO CLUBE, ASÍ COMO O MATERIAL QUE PRECISAN PARA O CURSO!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS OS VÍDEOS  COS MEMBROS DE CADA GRUPO!

5 de nov. de 2015

NOVOS LIBROS PARA ESTE MES DE NOVEMBRO

AQUÍ VOLTAMOS CON NOVAS SUXERENCIAS DE LECTURAS QUE PODEDES ATOPAR NA BIBLIOTECA. A QUEN NON LLE GUSTA UN BOA HISTORIA DE "OS BOLECHAS". BOTÁDELLE UNHA OLLADA A ESTES LIBROS, PREMENDO NA SEGUINTE LIGAZÓN, E SE VOS INTERESAN VIDE A BIBLIOTECA CO VOSO CARNÉ A BUSCALO.

Sigue el tablero Novidades novembro de biblioremedios en Pinterest.

2 de nov. de 2015

LECTORES DO MES

TANTO NO RECUNCHO COMA NO BLOG ATOPAREDES UNHA NOVA LISTA, A DOS RAPACES E RAPAZAS MÁIS LECTORES DO COLEXIO. NESTE MES DE OUTUBRO OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE MÁIS LIBROS LERON FORON OS SEGUINTES:

OS LIBROS MÁIS EMPRESTADOS EN OUTUBRO

NO RECUNCHO DA BIBLIOTECA PODEDES ESTÁ EXPOSTA A LISTAXE DOS LIBROS MÁIS EMPRESTADOS NO MES DE OUTUBRO!!



 BOTÁDELLE UNHA OLLADA POR SE VOS INTERESA ALGÚN!!


31 de out. de 2015

CONTO EN SAMAÍN

Este xoves, con motivo da celebración do Samaín no colexio, o Equipo de Biblioteca quixo agasallar aos nenos e nenas coa lectura dun CONTO DE MEDO levada a cabo por alumnos e alumnas de 6º, que se escoitou a través da Nosa Radio Faladora!
Escollemos un conto de medo que foi gañador no ano 2013, escrito por Vanesa Freitas Táboas e que se titulaba "Unha meiga chuchona no pobo"


29 de out. de 2015

CLÁSICOS PARA PROFES, PAIS E NAIS


AO IGUAL QUE TEMOS NA BIBLIO NOVIDADES PARA TODOS OS RAPACES E RAPAZAS, TAMÉN TEMOS LIBROS PARA PROFES, PAIS E NAIS! NESTE MES, RECOMENDAMOS UNHA SERIE DE CLÁSICOS QUE DE SEGURO QUE AO BOTARLLES UNHA OLLADA, VOS VOLTAN AS GANAS DE LER UN LIBRO QUE LESTES XA FAI TEMPO! ANIMÁDEVOS
 PARA VER ALGÚN DOS TÍTULOS PREMEDE NA SEGUINTE LIGAZÓN

Sigue el tablero Novidades outubro- clásicos para adultos de biblioremedios en Pinterest.

19 de out. de 2015

OS CLÁSICOS

Grazas á doazón dunha familia temos á nosa disposición unha colección de clásicos da literatura universal.

12 de out. de 2015

VOLTAN AS MALETAS VIAXEIRAS

Voltan as maletas viaxeiras ao noso cole!! Tanto para os máis pequenos coma para os maiores!! Como sabedes, estas maletas viaxarán por todos os niveis levando novas aventuras e datos interesantes a cada un de vós. Se non tedes tempo de ler todo o que quixerades mentres a maleta está na vosa clase, poderedes baixar á biblioteca e co voso carné coller o libro.



6 de out. de 2015

NOVIDADES: LIBROS NOVOS DA BIBLIOTECA

Esta mensaxe vai dirixida aos nosos grandes lectores e lectoras. No lado dereito deste blog e debaixo de Popi, incluímos unha sección baixo o título de NOVIDADES no que poderes atopar os novos libros que nos van chegando á Biblioteca cada mes! Só tedes que premer na imaxe, botar unha ollada e pasar pola biblio a escoller o título que máis vos interese!



Comezamos o mes de outubro cunha chea de novidades, pero queremos resaltar as lecturas en inglés que podedes atopar na biblioteca. Animádevos rapaces e rapaces!Hai unha gran variedade, pasade a escoller o título que máis vos interese!

Ademáis dos libros en inglés tamén tedes á vosa disposición outras obras que están expostas na biblioteca! 
Desta vez, fixemos uso dunha fermosa cesta para meter esta serie d libros ben divertidos.
Outra nova foi a maleta que nos chegou ao cole con lecturas para pais e nais do alumnado. Tales lecturas están expostas no recuncho de novidades!

2 de out. de 2015

POSTA EN MARCHA DA BIBLIOTECA


Como en todos os comezos de curso, o Equipo de Biblioteca fai unha pequena presentación con información básica sobre a biblioteca para os mestres  (normas, o programa Meiga, como catalogar...)

Pero, este ano, todos os profes tivemos que colaborar na nova distribución dos libros na biblioteca, xa que se cambiou o seu etiquetado  para que a súa colocación e busca se adaptase aos parámetros que seguen todas as bibliotecas.
Tamén colaboraron na posta en marcha da biblioteca os rapaces e rapazas de 6º. Isto vai facer máis doado o seu traballo como AXUDANTES DE BIBLIOTECA, xa que agora coñecen perfectamente a distribución dos libros e poden guiar ao resto do alumnado. MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E IMPLICACIÓN!!

1 de out. de 2015

BENVIDOS!!



BENVIDOS RAPACES E RAPAZAS OUTRO CURSO MÁIS Á NOSA BIBLIOTECA!!!ESTADE BEN ATENTOS AS NOSAS NOVIDADES!!

12 de xuño de 2015

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ FERREIRO

Hoxe OS COMELIBROS tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca! O escritor, Xavier Estévez Ferreiro veu para falarnos de "A LENDA DO REI LOBO" e de moitos outros libros seus e doutros autores! Pasámolo en grande!! Fixo unha presentación mooooooi interesante e puidemos facerlle unha chea de preguntas! Non só nos contestou a todo con moita paciencia senón que nos firmou a todos unha adicatoria! Ademáis prestouse para facer unha entrevista para a NOSA RADIO FALADORA, que podedes escoitar dende a páxina principal da web do colexio, ou premendo no enlace que tedes dende este blog.
En agradecemento pola súa visita, fixémoslle un agasallo, un pequeno album cos nosos debuxos do seu libro que lemos este curso no clube de lectura. Fíxolle moita ilusión e a nós moita máis ao vermos o moito que lle gustou!
Dende aquí queremos agradecerlle a súa visita e esperamos que volva outra vez polo centro! Foi un pracer coñecer a este gran escritor!!
Aquí vos deixamos un breve resumo de como trascorreu este encontro!


5 de xuño de 2015

GRAZAS AXUDANTES!

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECER A TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DE 6º QUE REALIZARON A SÚA LABOR COMO AXUDANTES DE BIBLIOTECA!
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!
NORABOA POLA AXUDA PRESTADA AO RESTO DOS ALUMNOS/AS DO NOSO COLE E POLO VOSO TRABALLO!!


22 de maio de 2015

REUNIÓN DOS COMELIBROS DE MAIO

Esta reunión de "OS COMELIBROS" é a penúltima do curso e a última na que comentamos as lecturas do curso. En Xuño teremos unha reunión moi especial, a visita do autor dun dos libros que lemos neste curso!

Os grupos B e C, xuntáronse o luns 18 e o grupo A o mércores 20. Botádelle unha ollada ao vídeo para ver como foron as nosas reunións. 


No grupo A dialogaron sobre o libro "El Samurai del Rey" de Marcos S. Calveiro
O grupo B reuniuse para intercambiar opinións de "Xoeliki" obra escrita por Abraham Carreiro
O grupo C falaron de "A lenda do rei lobo" de Xavier Estévez Ferreiro, autor que teremos o pracer de coñecer dentro duns días.

Velaquí un vídeo que resume esta penúltima reunión do curso, xa que a última será unha reunión diferente e especial!


1 de maio de 2015

CHEGA MAIO COS LIBROS FAVORITOS

Ao igual que o ano pasado, os alumnos e alumnas mandáronnos á biblio unha lista cos seus libros favoritos! Así que durante os primeiros días de maio, poderedes atopar nalgúns dos recunchos da biblioteca cales sen os libros prefiridos polos vosos compañeiros e compañeiras, xa que están expostas as portadas de moitos deles! 
A ler rapaces e rapazas!!



26 de abr. de 2015

XOGO DO SABICHONDO ABRIL



O XOGO DO SABICHONDO  de abril está relacionado cos libros e as súas partes.
 A ver se sabedes que é cada cousiña! A investigar rapaces!!

RECUNCHO DE POPI ABRIL

Por fin, rapaces e rapazas! tedes a oportunidade de participara no "RECUNCHO DE POPI" a través do blog da Biblioteca!
Aquí vos deixamos as preguntas. 





     Lembrade:

  • Poñer o número da pregunta antes de responder


  1.            
  • Escribe a fonte que empregastes para coñecer a información
  • E, por último, o voso nome e curso.

Sinxelo non? As respostas publicaranse unha vez que remate o concurso e saian os gañadores

23 de abr. de 2015

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO

Para festexar o día do libro, que mellor que un programa especial sobre este día! A verdade é que estivo moi entretido. Rapaces e rapazas de todos os cursos (dende 4 anos ata 6º)
leron un cachiño dalgún libro ou poema interesante que están a traballar na clase! Ademáis poidemos coñecer a orixe do Día do Libro, que é BEN interesante. Se queredes volver a escoitalo, moi pronto estará aloxado na web do colexio!
Aquí vos deixamos algunhas fotos da gravación dese día! Esperamos que o pasarades moi ben!


FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

Este ano, como xa adiantamos no blog, os rapaces e rapazas crearon unha chea de caligramas durante todo o mes de abril para decorar os recunchos da biblioteca por mor do DÍA DO LIBRO!
A verdade e que a actividade foi todo un éxito e os CALIGRAMAS moi inxeniosos!
Aquí vos deixamos mostra dalgúns exemplos


BO DÍA DO LIBRO

REUNIÓN DE "OS COMELIBROS" DE ABRIL

O luns 20 de abril os GRUPOS B e C tivemos reunión do CLUBE DE LECTURA:
O grupo B analizou a lectura feita sobre o libro : "A Lenda do Rei Lobo" de Xavier Estévez Ferreiro.
O grupo C comentou a súa lectura de "El principito" en formato dixital.
O mércores 22 de abril o GRUPO A reuniuse para falar de "O Misterio das Badaladas"
Preme na imaxe para ver un breve resumo de como se desenvolveron ambas reunións.



A SEGUINTE REUNIÓN  TERÁ LUGAR O DÍA 18 DE MAIO
Estas serán as próximas lecturas que comentaremos:

GRUPO B: "XOELIKI"
GRUPO C: "A LENDA DO REI LOBO"
GRUPO A: "EL PRINCIPITO"

19 de abr. de 2015

GAÑADORES XOGOS DE ABRIL

Velaquí os gañadores do Xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi do mes de maio!

 SARA MAGARIÑOS RODRÍGUEZ DE 1ºB
KEVIN LÓPEZ GASCÓN DE 3ºC
 PEDRO ESTÉVEZ LOSADA DE 6ºA 

 NORABOA!


26 de mar. de 2015

CANTO ME GUSTA LER

E velaquí máis novidades na nosa biblio. Xa tedes material para entretervos durante as vindeiras vacacións. A verdade é que son ben interesantes! Premede na seguinte imaxe para ver máis títulos.


COÑECES ESTES INSTRUMENTOS?

Este é o tema do novo XOGO DO SABICHONDO! A ver se sabedes respostar estas 9 preguntas sobre os instrumentos!


24 de mar. de 2015

"EL PRINCIPITO"


"El Principito", un clásico do que poideron gozar esta semana OS COMELIBROS  do GRUPO B.


"El Principito" é a obra máis famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry. Publicouse por primeira vez en abril de 1943. Trátase dun conto poético que inclúe ilustracións feitas con acuarelas polo propio Saint-Exupéry.
É un dos libros máis vendidos e traducidos de todos os tempos.


12 de mar. de 2015

GUÍA DA BIBLIOTECA

Recentemente fixemos entrega dun tríptico coa GUÍA DA BIBLIOTECA, nela podedes atopar toda a información necesaria para facer un bo uso da biblioteca do noso colexio.
Deixamos aquí no blog, unha copia para que poidades botar un ollo cando precisedes.


9 de mar. de 2015

NOVAS NA BIBLIOTECA

AO IGUAL QUE EN FEBREIRO, COMEZAMOS O MES DE MARZO CON NOVASNA NOSA BIBLIOTECA! AQUÍ TEDES NOVOS TÍTULOS QUE PODEDES ATOPAR A PARTIRES DESTE MES NA BIBLIOTECA. ESPERAMOS QUE LLES SAQUEDES PARTIDO!


VISITA Á BIBLIOTECA DE PONTEAREAS


A biblioteca de Ponteareas conmemorou o nacemento de Rosalía de Castro cun concurso aberto aos escolares de primaria. 
Podían participar os alumnos/as de 1º a 4º con debuxos sobre Rosalía e os de 5º e 6º con algunha das súas poesías. 
Todos os traballos foron expostos na Sala Multiusos da biblioteca municipal.
Algúns de nós tivemos a oportunidade de ir velos, xa que fomos até a biblioteca municipal e aquí tedes unha presentación desa visita!




VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL - Kizoa Movie Maker

1 de mar. de 2015

28 de feb. de 2015

REUNIÓN DE "OS COMELIBROS"

Esta semana, o luns 23 e o mércores 25 tivemos reunión do clube de lectura!Os grupos comentaron os seguintes títulos
O GRUPO A: "EL PRINCIPITO"
O GRUPO B: "O MISTERIO DAS BADALADAS"
GRUPO C: "QUIEN CUENTA LAS ESTRELLAS"


24 de feb. de 2015

CONCURSO DO MES DA POESÍA

MES DA POESÍA
Do 24 de febreiro (día de Rosalía) ó 21 de marzo (Día Mundial da Poesía)
Este curso desde o equipo da biblioteca propoñemos para a celebración do mes da poesía a elaboración de caligramas poéticos.
O certame rexirase polas seguintes BASES:
1.   Os participantes elaborarán un caligrama poético.
2.   A participación poderá ser individual ou en grupo.  
3.  Os alumnos e alumnas de 1º e 2º poderán copiar as poesías.
4.  Os alumnos e alumnas de 3º e 4º poderán completar poesías dándolles algún verso.
5.  As alumnas e alumnos de 5º e 6ºdeberán crear poesía e debuxo.   
6.  A elaboración dos caligramas en Infantil queda a criterio das profesoras.
7.   Os tamaños aceptables serán os seguintes:
            A4 ou A5 para traballos individuais de Primaria
            A3, A4 ou A5 para traballos grupais de Primaria
            Tamaño libre para Infantil
8.  Data límite de entrega de traballos: 19 de marzo.

9.   O caligrama gañador será publicado na revista “A Pita Faladora”

                 ALGÚNS EXEMPLOS DE CALIGRAMAS