POPI EXPLORADORA
Este curso atopámonos cun novo Xogo Da Biblioteca e coma calquera xogo ten as súas normas!Velaquí tendes a deste en particular, ledeas con moita atención!!
NORMAS DO XOGO
1.
O xogo consiste
en explorar na biblioteca e contarlles aos demais o que atopamos e como o
atopamos.
2.
Cada
participante debe buscar a información. Pódese pedir axuda aos axudantes, pero
non se pode copiar.
3.
Primeiro búscase a resposta a unha ou varias
preguntas seguindo as pistas que dá Popi Exploradora.
4.
A información
escríbese nos impresos que hai na biblioteca e introdúcense na caixa da Popi
Exploradora.
5.
Escríbense
diferentes textos para compartir a información cos compañeiros e compañeiras do
colexio.
6.
Algúns dos textos lense na radio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario