26 de abr. de 2015

XOGO DO SABICHONDO ABRIL



O XOGO DO SABICHONDO  de abril está relacionado cos libros e as súas partes.
 A ver se sabedes que é cada cousiña! A investigar rapaces!!

RECUNCHO DE POPI ABRIL

Por fin, rapaces e rapazas! tedes a oportunidade de participara no "RECUNCHO DE POPI" a través do blog da Biblioteca!
Aquí vos deixamos as preguntas. 





     Lembrade:

  • Poñer o número da pregunta antes de responder


  1.            
  • Escribe a fonte que empregastes para coñecer a información
  • E, por último, o voso nome e curso.

Sinxelo non? As respostas publicaranse unha vez que remate o concurso e saian os gañadores

23 de abr. de 2015

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO

Para festexar o día do libro, que mellor que un programa especial sobre este día! A verdade é que estivo moi entretido. Rapaces e rapazas de todos os cursos (dende 4 anos ata 6º)
leron un cachiño dalgún libro ou poema interesante que están a traballar na clase! Ademáis poidemos coñecer a orixe do Día do Libro, que é BEN interesante. Se queredes volver a escoitalo, moi pronto estará aloxado na web do colexio!
Aquí vos deixamos algunhas fotos da gravación dese día! Esperamos que o pasarades moi ben!


FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

Este ano, como xa adiantamos no blog, os rapaces e rapazas crearon unha chea de caligramas durante todo o mes de abril para decorar os recunchos da biblioteca por mor do DÍA DO LIBRO!
A verdade e que a actividade foi todo un éxito e os CALIGRAMAS moi inxeniosos!
Aquí vos deixamos mostra dalgúns exemplos


BO DÍA DO LIBRO

REUNIÓN DE "OS COMELIBROS" DE ABRIL

O luns 20 de abril os GRUPOS B e C tivemos reunión do CLUBE DE LECTURA:
O grupo B analizou a lectura feita sobre o libro : "A Lenda do Rei Lobo" de Xavier Estévez Ferreiro.
O grupo C comentou a súa lectura de "El principito" en formato dixital.
O mércores 22 de abril o GRUPO A reuniuse para falar de "O Misterio das Badaladas"
Preme na imaxe para ver un breve resumo de como se desenvolveron ambas reunións.



A SEGUINTE REUNIÓN  TERÁ LUGAR O DÍA 18 DE MAIO
Estas serán as próximas lecturas que comentaremos:

GRUPO B: "XOELIKI"
GRUPO C: "A LENDA DO REI LOBO"
GRUPO A: "EL PRINCIPITO"

19 de abr. de 2015

GAÑADORES XOGOS DE ABRIL

Velaquí os gañadores do Xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi do mes de maio!

 SARA MAGARIÑOS RODRÍGUEZ DE 1ºB
KEVIN LÓPEZ GASCÓN DE 3ºC
 PEDRO ESTÉVEZ LOSADA DE 6ºA 

 NORABOA!


26 de mar. de 2015

CANTO ME GUSTA LER

E velaquí máis novidades na nosa biblio. Xa tedes material para entretervos durante as vindeiras vacacións. A verdade é que son ben interesantes! Premede na seguinte imaxe para ver máis títulos.


COÑECES ESTES INSTRUMENTOS?

Este é o tema do novo XOGO DO SABICHONDO! A ver se sabedes respostar estas 9 preguntas sobre os instrumentos!


24 de mar. de 2015

"EL PRINCIPITO"


"El Principito", un clásico do que poideron gozar esta semana OS COMELIBROS  do GRUPO B.


"El Principito" é a obra máis famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry. Publicouse por primeira vez en abril de 1943. Trátase dun conto poético que inclúe ilustracións feitas con acuarelas polo propio Saint-Exupéry.
É un dos libros máis vendidos e traducidos de todos os tempos.


12 de mar. de 2015

GUÍA DA BIBLIOTECA

Recentemente fixemos entrega dun tríptico coa GUÍA DA BIBLIOTECA, nela podedes atopar toda a información necesaria para facer un bo uso da biblioteca do noso colexio.
Deixamos aquí no blog, unha copia para que poidades botar un ollo cando precisedes.


9 de mar. de 2015

NOVAS NA BIBLIOTECA

AO IGUAL QUE EN FEBREIRO, COMEZAMOS O MES DE MARZO CON NOVASNA NOSA BIBLIOTECA! AQUÍ TEDES NOVOS TÍTULOS QUE PODEDES ATOPAR A PARTIRES DESTE MES NA BIBLIOTECA. ESPERAMOS QUE LLES SAQUEDES PARTIDO!


VISITA Á BIBLIOTECA DE PONTEAREAS


A biblioteca de Ponteareas conmemorou o nacemento de Rosalía de Castro cun concurso aberto aos escolares de primaria. 
Podían participar os alumnos/as de 1º a 4º con debuxos sobre Rosalía e os de 5º e 6º con algunha das súas poesías. 
Todos os traballos foron expostos na Sala Multiusos da biblioteca municipal.
Algúns de nós tivemos a oportunidade de ir velos, xa que fomos até a biblioteca municipal e aquí tedes unha presentación desa visita!




VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL - Kizoa Movie Maker

1 de mar. de 2015

28 de feb. de 2015

REUNIÓN DE "OS COMELIBROS"

Esta semana, o luns 23 e o mércores 25 tivemos reunión do clube de lectura!Os grupos comentaron os seguintes títulos
O GRUPO A: "EL PRINCIPITO"
O GRUPO B: "O MISTERIO DAS BADALADAS"
GRUPO C: "QUIEN CUENTA LAS ESTRELLAS"


24 de feb. de 2015

CONCURSO DO MES DA POESÍA

MES DA POESÍA
Do 24 de febreiro (día de Rosalía) ó 21 de marzo (Día Mundial da Poesía)
Este curso desde o equipo da biblioteca propoñemos para a celebración do mes da poesía a elaboración de caligramas poéticos.
O certame rexirase polas seguintes BASES:
1.   Os participantes elaborarán un caligrama poético.
2.   A participación poderá ser individual ou en grupo.  
3.  Os alumnos e alumnas de 1º e 2º poderán copiar as poesías.
4.  Os alumnos e alumnas de 3º e 4º poderán completar poesías dándolles algún verso.
5.  As alumnas e alumnos de 5º e 6ºdeberán crear poesía e debuxo.   
6.  A elaboración dos caligramas en Infantil queda a criterio das profesoras.
7.   Os tamaños aceptables serán os seguintes:
            A4 ou A5 para traballos individuais de Primaria
            A3, A4 ou A5 para traballos grupais de Primaria
            Tamaño libre para Infantil
8.  Data límite de entrega de traballos: 19 de marzo.

9.   O caligrama gañador será publicado na revista “A Pita Faladora”

                 ALGÚNS EXEMPLOS DE CALIGRAMAS 



13 de feb. de 2015

NOVIDADES DO MES DE FEBREIRO

NON DEIXEDES DE PASAR POLA BIBLIOTECA PARA VER AS NOVAS QUE TEMOS ESTE MES. ENTRE ELAS ATOPAMOS ESTES MARABILLOSOS CONTOS BILINGÜES! XA TEDES A VERSIÓN EN INGLÉS DOS VOSOS CONTOS FAVORITOS!



5 de feb. de 2015

OS ANIMAIS

COMEZAMOS O MES DE FEBREIRO CON NOVO XOGO DO SABICHONDO. ESTE MES ESTA RELACIONADO COS TIPOS DE ANIMAIS E A SÚA ALIMENTACIÓN. BEN SINXELIÑO, NON SI?
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


23 de xan. de 2015

PRIMEIRA REUNIÓN DO ANO

Este 19 de xaneiro comezaron as primeiras reunións do ano. Os grupos B e C reuníronse o luns desta semana para comentar os títulos: " Unha xanela para Cecilia" e "A Carreira máis desatinada do mundo" respectivamente.
O grupo A reuníuse o mércores 21 para compartir opinións sobre "La niña de plata"
Aquí tedes algúns dos debuxos feitos polo GRUPO B despois de ler "Unha Xanela Para Cecilia"



NA VINDEIRA REUNIÓN OS NOSOS COMELIBROS COMENTARÁN AS SEGUINTES LECTURAS:

GRUPO A: EL PRINCIPITO
GRUPO B: O MISTERIO DAS BADALADAS
GRUPO C: QUIEN CUENTA LAS ESTRELLAS


17 de xan. de 2015

CARTAS DE POPI

CO NOVO ANO CHEGAN UNHAS CARTAS MOI ESPECIAIS DE POPI!

EDUCACIÓN INFANTIL



1º, 2º  E 3º



4º, 5º E 6º



15 de xan. de 2015

REUNIÓNS DE "OS COMELIBROS" DO SEGUNDO TRIMESTRE

Comelibros, atentos, que aquí veñen as datas para as reunións do noso clube de lectura neste segundo trimestre. 
O grupo A, soe ter a reunión un mércores de cada mes.


Os grupos B e C  un luns ao mes.



NA VINDEIRA REUNIÓN OS NOSOS COMELIBROS COMENTARÁN AS SEGUINTES LECTURAS:

GRUPO A: LA NIÑA DE PLATA
GRUPO B: UNHA XANELA PARA CECILIA
GRUPO C: A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO


19 de dec. de 2014

BO NADAL



DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL!!

LECTURAS DE NADAL

E coma todos os anos aquí vos deixamos unhas recomendacións de lecturas para as vosas vacacións de nadal!Esperamos que vos resulten interesantes!

INFANTIL



PRIMEIRO CICLO



SEGUNDO CICLO



TERCEIRO CICLO






15 de dec. de 2014

GRUPO B DE "OS COMELIBROS"

Hoxe, 15 de decembro, reuniuse o GRUPO B do CLUBE DE LECTURA "OS COMELIBROS" para comentar a obra de Gerónimo Stilton!
A verdade é que lles gustou moito a historia e fixeron uns debuxos moi acordes, como podedes ver no seguinte vídeo!


O seguinte libro deste grupo será "UNHA XANELA PARA CECILIA"

GAÑADORES DOS SEGUNDOS XOGOS DA BIBLIO

ESTA SEMANA DAREMOS OS PREMIOS AOS GAÑADORES DOS XOGOS DA BIBLIOTECA PROPOSTOS EN NOVEMBRO. ESTADE BEN ATENTOS!
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS LISTAS DOS ACERTANTES. NORABOA!


RECUNCHO DE POPI





XOGO DO SABICHONDO



                            

14 de dec. de 2014

REUNIÓN CLUBE DE LECTURA

LEMBRARVOS AOS COMELIBROS DOS GRUPOS B E C, QUE MAÑÁ DÍA 15 DE DECEMBRO TEMOS A REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA!

O GRUPO B FALARÁ SOBRE O TÍTULO "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO" 


O GRUPO C COMENTARÁ A OBRA "LA NIÑA DE PLATA"

O GRUPO A, TERÁ A REUNIÓN O 17 DE DECEMBRO E DARÁN A SÚA OPINIÓN SOBRE O LIBRO QUE LEVA POR TÍTULO "UNHA XANELA PARA CECILIA"

7 de dec. de 2014

XOGO DO SABICHONDO: EDICIÓN DE NOVEMBRO

VELAQUÍ O NOVO XOGO DO SABICHONDO QUE COMEZOU EN NOVEMBRO. COMO PODEDES OBSERVAR POR AS IMAXEX, ESTÁ RELACIONADO COS SENTIDOS E OS DIFERENTES ÓRGANOS. MOITA SORTE RAPACES E RAPAZAS!


28 de nov. de 2014

2º XOGO DO RECUNCHO DE POPI!

COMO SABEDES ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ASÍ QUE POPI PLANTÉXAVOS UNHA SERIE DE PREGUNTIÑAS SOBRE O TEMA! NON ESQUEZADES QUE PODEDES UTILIZAR OS LIBROS DE CONSULTA, ASÍ COMA OS ORDENADORES DA BIBLIOTECA PARA BUSCAR INFORMACIÓN RELACIONADAS CO XOGO.

27 de nov. de 2014

CONTOS DE MEDO 2014

E por fin, como xa nos anunciara Popi, aquí temos a versión dixital do tan esperado libro dos contos de medo gañadores deste curso!! Noraboa a todos e todas polas vosas creacións
A versión en papel podedes atopala na biblioteca, no recuncho "FIXÉMOLO NÓS"

20 de nov. de 2014

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA

Esta semana tivemos a nosa segunda reunión do clube de lectura onde comentamos as primeiras lecturas do curso:

GRUPO A: "A carreira máis desatinada do mundo"

GRUPO B: "La niña de plata"

GRUPO C: "Unha xanela para Cecilia"


17 de nov. de 2014

RECUNCHO CREATIVO

Como xa anunciaramos, este ano cambiamos de sitio o noso RECUNCHO CREATIVO onde podedes colgar os vosos traballos máis creativos. Na biblioteca tamén temos un buzón onde podedes deixalos para que os expoñamos neste taboleiro. Aquí van imaxes dalgúns dos vosos traballos


16 de nov. de 2014

GAÑADORES DA PRIMEIRA EDICIÓN DOS NOSOS XOGOS



Aquí temos a Popi anunciando os gañadores dos nosos primeiros xogos deste curso! Escoitadea atentamente.
Os premios foron entregados esta semana!!NORABOA!!





                







FESTEXANDO O SAMAÍN


Samaín14 - Movie Maker


Aquí vos deixamos unha presentación de como festexamos no cole o día do Samaín, feita polo equipo de Imaxe do noso cole. Nestas fotos temos exemplos do material que creastes coas vosas familias e cos vosos profes para decorar os corredoiros do colexio. E tamén, temos fotos das narracións dos contos de medo gañadores que se leron ese día!

2 de nov. de 2014

SAMAÍN


POPI TAMÉN FESTEXOU CON NÓS O DÍA DO SAMAÍN. NO COLE HOUBO MOITOS DISFRACES, CABAZAS, CONTOS DE MEDO...FOI UN DÍA MOI ESPECIAL!

25 de out. de 2014

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA

Esta semana tivemos as nosa primeiras reunións do clube de lectura! A verdade é que este ano temos un montón de Comelibros! Polo que tivemos que facer 3 grupos. BENVIDOS A TODOS E TODAS! Esperamos que gocedes da lectura ao igual ca nós e o noso pequeno COMELIBROS!

Esta semana, explicámoslle en que consiste pertencer a tal clube e entregámoslle todo o material que precisan. Sen esquecernos de lembrarlles as normas para permanecer neste CLUBE DE LECTURA!
Xa recibiron os seus primeiros libros que serán comentados nas seguintes reunións.

GRUPO A: "A carreira máis desatinada do mundo"
GRUPO B: "La niña de plata"
GRUPO C: "Unha xanela para Cecilia"

Velaquí algunhas fotos desta primeira reunión!


 E aquí vos deixamos as datas das vosas reunións para este trimestre:

GRUPO A




GRUPO B



GRUPO C


21 de out. de 2014

COMEZA O XOGO DO SABICHONDO

E tampouco podía faltar o XOGO DO SABICHONDO, que comeza con 9 novas imaxes que os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º tedes que tratar de adiviñar.